ADÓPTAME!

Se queres adoptar a algunha das nosas cadeliñas ou cans só tes que encher o noso formulario de contacto pinchando aquí ou contactar connosco por mensaxe privado do noso facebook  (tedes o enlace directo ás nosas redes na páxina de inicio arriba á esquerda)

Tamén podes entrar no menú da páxina de inicio desta web e consultar o cuestionario de pre-adopción e o contrato de adopción.

Podes coñecer ás nosas cachorras e cahorros presionando aquí

Podes coñecer ás/os máis grandes premendo aquí.

Aquí tes a algunhas e algúns deles (iremos actualizando a galería):

Advertisements
Artigo destacado

FELICITACIÓNS DAS NOSAS ADOPTADAS/OS!

Non podía ser mellor!! Algunhas das nosas familias estensivas lembráronse de nós e vestíronse coas súas mellores galas para felicitarnos estas festas.

Alégranos moitísimo que ESTES ANIMAIS MARABILLOSOS TEÑAN ENCONTRADO O CALOR DUN FOGAR. GRAZAS DE CORAZÓN A TODAS A FAMILIAS ADOPTANTES! e a ver se se animan máis, que todavía quedan moitos animais esperando…

Aquí tedes a Alma, Nana, Morgan, Sugar e Milka, Paquiño, Mirco, Docky, Tebra, Lolo e Fani, e Maia listos para comer o turrón (canino, claro…):

Lembra que se queres ADOPTAR a algún dos nosos animais, só tes que premer aquí.

Moitas grazas, familias, e feliz solsticio tamén para vós!

URXE VOLUNTARIADO PARA LIMPEZA DO REFUXIO!!!

Seguimos necesitando xente voluntaria para axudar coa limpeza do refuxio/casa de acollida!

Entre que non somos moitas xa de por si, que algunhas das persoas voluntarias afortunadamente encontraron traballo (canto nos alegra!), e que polas datas nas que nos encontramos moitas persoas non están aquí, NON HAI CASE NINGUÉN PARA LIMPAR E DAR MIMOS AOS NOSOS ANIMAIS. As voluntarias/os habituais ESTÁN EXHAUTAS.

Ser poucas persoas fai que non nos poidamos dedicar a dar cariño, coidados e facer que as cadelas e cans disfruten da compañía que de por sí lles quitaron. Cantas máis mans e corazóns axudando, máis tempo para desfrutalas/os! e para que a súa triste estancia no refuxio sexa mellor.

 

Ademais, alén do que poidades crer, poderedes comprobar que TODOS OS ANIMAIS QUE ESTÁN ALÍ SON AMOR EN ESTADO PURO, CARIÑOSOS, BOS, PÓRTANSE XENIAL,e están esperándovos para recibirvos con moitísima alegría. Non leva moito tempo limpar se hai xente suficiente e lévase ben o traballo estando organizadas. O horario sería só de mañá porque no inverno de tarde anoitece sobre as 5h ou 6h e alí xa non se ve, e no verán fai demasiado calor.

Así que se lles queres FACER UN DOS MELLORES REGALOS POSIBLES, PREME AQUÍ e enche o noso formulario de voluntariado, onde encontrarás os horarios e toda a información. Para calquera dúbida podes contactar connosco a través do noso correo electrónico protectoraanimaisaloia@gmail.com.

Moitísimas grazas.

*Fotografías de Sonia Daponte.

FELICES FESTAS!

E GRAZAS a todas as persoas SOCIAS, ás/os VOLUNTARIAS que tanto traballades, ás MADRIÑAS, ADOPTANTES, CASAS DE ACOLLIDA e resto de persoas colaboradoras. GRAZAS á xente concienciada que está en contra de CALQUERA TIPO DE INXUSTIZA, incluída a dos animais, e NON MIRADES XAMAIS PARA OUTRO LADO.

Feliz solsticio de inverno!

QUIOSCO DE NADAL. ¿Queres ser voluntaria/o?

Este Nadal abrimos o Quiosco Aloia grazas ao traballo e empeño dalgunhas das nosas voluntarias.

Entre xabóns, bolsas, calendarios e camisetas de Aloia, bombóns de chocolate e libros que podedes comprar para regalar, tamén teredes a posibilidade de facervos socias, coñececer aos animais do refuxio ou poñernos cara a moitas e moitos de nós. E non esquezades que todo o que recaudemos irá destinado aos nosos animais!!

Mais necesitamos que nos axudes para que poidamos ter o quiosco aberto o maior tempo posible. Por iso que SE TE APETECE COLABORAR ATENDENDO AO POSTO podes ANOTARTE por esta web premendo aquí (no apartado de “comentario” especifica “voluntariado kiosko”, horarios e dias que queiras vir) seleccionando o horario e días que poderías asistir, ou envíanos un correo electrónico a protectoraanimaisaloia@gmail.com.

Por certo, o QUIOSCO está na PRAZA DA INMACULADA (Paseo da Corredoira, na praza dos xulgados).

Gustaríanos tamén dar as grazas a Eduardo, o Concelleiro de Medio Ambiente, pola súa axuda e atención.

photo_2018-12-20_23-35-59

VÍDEO: O REFUXIO DE ANIMAIS ALOIA ESTÁ SATURADO.

A entrade en vigor en xaneiro da nova malchamada Lei de Protección e benestar dos animais de compañía de Galicia e como xa advertimos, lonxe de frear o número de abandonos e maltrato de animais, está a provocar o efecto contrario.

Unha vez máis, debido ao deileixo das administracións públicas e partidos políticos, das autoridades e da sociedade en xeral de cara a ACABAR con esta situación e tomar cartas no asusto, AUMENTA O NÚMERO DE ANIMAIS ABANDONADOS E AS ASOCIACIÓNS E REFUXIOS ESTAMOS DESBORDADOS até o punto de non saber onde acubillar aos animais.

Mentres tanto e en silencio, os animais seguen padecendo e sufrindo as desvergoñas e irresponsabilidades da humanidade.

SE QUERES AXUDALOS, bótalle unha ollada ao que vos conta un dos nosos voluntarios no seguinte vídeo e FAI VOLUNTARIADO, ADOPTA OU ACOLLE a algún dos nosos compañeiros os animais. Tes toda a información nesta web.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑